publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Barreiros prohibe que se regue en terreos e xardíns pola seca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreirosLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

O Concello de Barreiros (Lugo) emitiu un bando municipal no que se prohibe que reguen terreos e xardíns debido á seca que afecta á zona. O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, xustificou que se tivo que sacar o bando dado que se percibiu, mediante os sistemas de control informático, que a partir das 23,00 horas cando os depósitos teñen que recuperar a súa capacidade, isto non se produce.

Ante a seca, Fuente Parga destaca que “todo o mundo rega máis e os regatos traen menos auga”, polo que se publicou o bando tendo en conta tamén as previsións de “máis visitantes” ao Concello mariñán o fin de semana do 25 de xullo.

A restrición é temporal, e non se permite o baldeo nin polo día, nin pola noite, co fin de poder recuperar a capacidade dos depósitos”. Fuente Parga aclara que: “Aínda que a depuradora da Barranca está preparada e depura, se o rego non trae auga nós non podemos inventala”. Así, advirte que no regato de Santo Estebán Estebán un grupo de veciños “ven que troitas e anguías quedan en seco porque o río non trae auga e, evidentemente, hai que ser previsores”.

“Segue a seca, cando todo o mundo ve o seu terreo seco rega máis e hai menos auga para o consumo humano”, explicou finalmente sobre a medida tomada.

22 de xullo de 2015 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.