publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O BNG súmase a convocatoria cidadá para a celebración unitaria do Día da Patria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAgoladaCerdedoDozónForcareiLalínRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

O BNG da Comarca A Estrada/Deza súmase á convocatoria cidadá plasmada no Manifesto pola unidade que convida ás forzas políticas e ao conxunto da cidadanía de Deza-Tabeirós-Terra de Montes  á celebración unitaria do Día da Patria, o vindeiro 25 de xullo ás 12 da mañá na Alameda de Compostela. Neste sentido, a manifestación do 25 de Xullo estará encabezada, seguindo a proposta desta plataforma cívica, por unha pancarta que portarán representantes do colectivo convocante da mobilización unitaria.

O BNG apoia que a manifestación estea encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país que, baixo o lema A nación galega, expresará que moita nación galega vai estar detrás desa pancarta reivindicando os nosos dereitos nacionais como pobo. Queremos partillar ese 25 de Xullo unitario, compartir c@s nacionalistas, -organizados en forzas políticas e non organizados-, que pensen que Galiza merece un apoio de todos e de todas para facer oír a súa voz, que queren ver recoñecidos os seus dereitos nacionais, que aspiran a que Galiza poda gobernarse de forma plena, ter soberanía para decidir sobre as cuestións que afectan á vida da xente deste país: manter o status de Galiza como nación en pé de igualdade co resto das nacións do mundo, respecto e normalización plena da lingua e cultura propias, dotarnos das ferramentas que permitan darnos un futuro esperanzador, tamén para o noso agro e o medio rural, e reivindicar os nosos dereitos nacionais.

FESTIGAL CON CAXADE E CONVIDADOS DA MÚSICA DA BANDEIRA

No marco do FESTIGAL, festival que organizan a Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova no Campus Sul de Compostela os días 24 e 25 de xullo, o cal dinamiza concertos, artesanía, deportes tradicionais, con espazo para a galería de letras e ideas e o asociacionismo, terá lugar o 24 de xullo Ás 10 da noite o habitual concerto, que este ano conta tamén con protagonistas da nosa comarca, pois está prevista unha actuación de CAXADE e convidados da música da Bandeira (Hai que lembrar que o artista Alonso Caxade no seu album A dança das moscas, promoveu un espectáculo de grande formato coa Banda Recretativa e Cultural da Bandeira estreado no CURTURGAL o pasado outono).

21 de xullo de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.