publicidade hoxe

O BNG pide a implicación da Xunta para esclarecer as circunstancias do crime de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+
Europa Press

O BNG pediu á Xunta que se “implique” para esclarecer as circunstancias que rodean o asasinato de dúas nenas de catro e nove anos de idade, supostamente a mans do seu pai, que estaba separado da nai das menores dende hai ano e medio.

Nun comunicado, a formación nacionalista pediu ao Goberno galego que interveña a través dos departamentos implicados para “investigar os feitos”, “comprobar se existía algún tipo de antecedentes ou denuncia por violencia de xénero”, e “se estaba garantida a seguridade das vítimas”.

Así mesmo, o Bloque trasladou o seu “fondo pesar” polo crime á familia das menores e instou ao conxunto da sociedade a mostrar a súa repulsa e condena inequívocas do “terrorismo de xénero” que “atenta contra os dereitos máis elementais das mulleres”.

Ademais, pediu ao Executivo galego que actúe con “decisión” máis alá das “condenas rituais” que, en opinión do BNG, “nada achegan para erradicar lácraa da violencia machista”.

31 de xullo de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.