publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas asiste ao inicio do curso de preparación do exame de graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
O alcalde na visita á inauguración do curso

O alcalde na visita á inauguración do curso

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, asistiu ao inicio do curso gratuito de preparación do exame para a obtención do graduado en ESO, no ámbito científico-tecnolóxico, que organiza o Concello de Ponte Caldelas no Centro Cultural.

Un total de 38 persoas inscribíronse na presente edición destes cursos que buscan, a través dun profesor, axudar aos alumnos na súa formación co fin de que podan acceder ao exame que terá lugar o vindeiro 9 de setembro nas mellores condicións posibles de coñecemento sobre as materias obxecto da proba.

Andrés Díaz,ademais de desexarlles sorte na proba de exame do 9 de setembro, animou aos alumnos presentes a aproveitar as posibilidades formativas que lle ofrece o Concello de Ponte Caldelas e animounos a esforzarse en conseguir esta titulación “moi importante hoxe para poder optar a un posto de traballo ou cursos de formación especializados con certificado de profesionalidade por carecer do título de graduado en ESO ou de competencias clave”, sinalou o alcalde de Ponte Caldelas.

Este curso gratuíto, de 75 horas de duración, forma parte do esforzo formativo posto en marcha polo Concello de Ponte Caldelas co fin de axudar, a aquelas persoas que o precisen, para que logren a capacitación necesaria para poder competir en mellores condicións para poder acceder ao mercado laboral.

Asemade, con esta iniciativa, o Concello de Ponte Caldelas pretende seguir tamén co seu esforzo na loita contra o abandono escolar e facilitar a formación necesaria para que os xóvenes atopen un emprego. “Desde o equipo de goberno marcámonos como unha das nosas prioridades a loita contra o desemprego aproveitando desde o Concello tódalas posibilidades que teñamos para que os nosos veciños poidan optar a un emprego digno e sair da situación de crisi económica na que se atopan”, sinalou o alcalde quen tamén animou a aquelas persoas que levan tempo fóra do circuito educativo a que se esforcen e aproveiten esta oportunidade para alcanzar esa titulación tan necesaria.

6 de xullo de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.