publicidade hoxe

O alcalde de Cambre esixirá o compromiso de senadores e congresistas para que o dragado da ría non quede nun mero proxecto electoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, mostrouse contundente respecto do dragado da ría do Burgo na  reunión mantida esta mañá con membros da Directiva de Marisqueiros a pé pertencentes á Confraría de Pescadores da Coruña. Asegura que houbo unha total e absoluta sintonía cos mariscadores sobre a situación que atravesa un dos maiores recursos ambientais da comarca.

O responsable dos Marisqueiros a pé, Manuel Baldomir, Neste sentido, García Patiño advirte  que esixirá o compromiso público de senadores e congresistas, de todos os políticos con competencias a nivel estatal e autonómico,  sobre o dragado da ría co obxectivo de que o anuncio do proxecto de limpeza do estuario non quede nunha promesa electoral. “Creemos na ría, creemos na súa viabilidade e mantemento pero para iso débese realizar de forma inmediata un dragado efectivo que devolva a riqueza que tivo outrora, e non podemos quedarnos nun anuncio habitual preelectoral”, apunta o dirixente cambrés. Doutra banda, o primeiro edil confía en que o resto dos grupos políticos de Cambre camiñen nesta mesma dirección posto que considera que o estado da ría é un problema que afecta a todos os veciños e o seu dragado redundará en beneficio de todos.

21 de xullo de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.