publicidade hoxe

O alcalde de Brión representará á FEGAMP no Consello Galego de Benestar Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O alcalde de Brión, José Luís García, será o representante titular da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no Consello Galego de Benestar Social. Así llo comunicou esta mañá o director xeral da FEGAMP, José Manuel Chapela Seijo, quen indicou que a designación se realiza a proposta do grupo político socialista.

Así mesmo, a nova concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade de Brión, María Rosa Romero Fariña, foi designada como representante suplente. Este é a segunda representación que asume José Luís García na FEGAMP, logo da súa designación o pasado mes de xuño como representante na Comisión Superior de Urbanismo de Galicia. 

21 de xullo de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.