Numeroso público abacele ao XIII Festival de Bandas de Touro
Centos de veciños e forasteiros disfrutaron o pasado domingo do XIII Festival de Bandas Concello de Touro, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello. O cita musical comenzou pasadas ás 17.00 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, tras un pasarrúas das tres bandas que acudiron a Touro. Participaron a Banda de Música de Ortigueira, que foi a encargada de abrir o concerto. Logo seguiu a Banda de Música de Abegondo e a Banda de Música Isabel II de Touro, dirixida por José Lodeiro Gesto, foi a encargada de pechar o festival. Cada formación musical ofreceu un repertorio elexido para esta cita. As tres bandas colleitaron aplausos do público, que disfrutou dunha tarde de música.