Novo lousado para a Avenida Principal de Curtis
A Deputación da Coruña iniciou as obras para acondicionar o firme da Avenida Principal de Curtis, unha insistente demanda do Goberno local. A actuación, cun orzamento de 60.000 euros, permitirá cambiar de maneira integral todo o lousado de formigón que se atopa en mal estado. A execución enmárcase no Plan de Conservación da rede viaria provincial.