publicidade hoxe

Nova edición do programa Cartafol en Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

A concellería de Benestar Social organiza en colaboración co departamento de Educación Familiar do Concello de Cee, o III Programa Cartafol que consiste na recollida de material escolar para o curso 2015-2016, para ser entregado aos nenos e nenas do concello que o necesiten.

O material pódese comprar nos establecementos colaboradores ( Imprenta Fersi, Imprenta Paco,Imprenta Costa da Morte, R-100, Cadena 100, Librería Ler e Librería Mestura), que dispoñen duns caixóns para depositar o material que se desexe donar. Tamén o poden deixar na segunda pranta do Concello. 

31 de xullo de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.