publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nova edición do campo de traballo internacional en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Campo de traballo internacional

Campo de traballo internacional

O Concello de Cotobade por segundo ano consecutivo acollese as iniciativas de Campos de Traballo Internacionais.

Onte dou comezo o campo de traballo con 19 rapaces de diferentes nacionalidades e hoxe, an sua primeira xornada foron a coñecer a historia e emprazamentos onde van a traballar

O proxecto ten como obxectivos, entre outros:

• Limpar e acondicionar viais, rutas e zonas de interese medioambiental.

• Paliar os efectos da maleza en zonas de tránsito dos sendeiristas.

• Por en marcha un plan conxunto de coidado medioambiental cunha acción  directa da Xuventude, dentro do marco do Alto do Cruz do Castro

Ademais deste traballo directo o campo de traballo é un espazo para o traballo desinteresado: dando resposto concreta a unha situación a través da solidaderidade.

Para a vida grupal: cunha actitude flexible e aberta, respetando as diferenzas, compartindo, aprendendo conxuntamente, traballando e divertindose en grupo, asumindo tamén tarefas proxectadas

Para a convivencia coa comunidade local: implica traballar codo con codo coa poboación local, sorteando coa boa vontade as barreiras culturais  e de idioma, para dar a coñecer os tesouros que ten o Concello de Cotobade

O ano pasado o Campo de traballo que por primeira vez se levou a cabo en Cotobade, contou cun total de 16 participantes provintes de diferentes puntos de España e de paises como Italia, Francia, Rusia, Bélxica e Taiwan.

Os traballos a desenvolver foron  os de recuperaciòn dun roteiro forestal polo Río Lérez, posta en valor das Comunidades de Montes para o rural e continuarán con obradoiros de emprendemento verde co fin de poñer en marcha futuras iniciativas empresariais ambientais e sostibles nos seus lugares de procedencia.

Estes traballos reforzaronse  con actividades complementarias polas tardes como diferentes rutas, obradoiros ambientais, visitas culturais, actividades de aventura e excursiòns.

Tras esta boa experiencia proxectouse este ano, para actuar noutra zona do concello e con base o xa irefutable “Emprendemento verde”; que  conta cun  itinerario formativo para o emprendedurismo dos voluntarios/as en materia de medio ambiente e sobre o traballo que alí se realiza a base de charlas, obradoiros e talleres formativos, das que nazcan novas ideas de negocio relacionadas

O campo de traballo ten unha  duración de 10 dias desde o 27 de xullo ao 05 de agosto 

28 de xullo de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.