publicidade hoxe

Nova edición de Saldomarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Mañá venres día 31 de xullo ás 10.45 horas, inaugúrase a IX Edición do Saldomarín. Baixo unha superifice de 500 m2, 23 expositores (dos cales o 90% son de Marín) ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 50%) produtos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, óptica, lencería, artesanía, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiaría, complementos para mascotas, plantas, bixutaría e xoguetería.

O horario do evento será de 11 a 14.30 e de 17.30 a 23, pechando o domingo ás 22. A entrada será gratuíta. Ademais nas inmediacións da carpa, contaremos con dúas actividades de dinamización dirixidas aos máis pequenos. Así o sábado día 1 de 12 a 13 horas, o Mago Paco ofrecerá un espectáculo de maxia que sorprenderá a todos os presentes e o domingo día 2, instalaremos dous inchables que estarán dispoñibles en horario de 11 a 14.30 e de 17.30 a 21.

Durante o evento as casetas participantes, polas compras efectuadas, repartirán uns vales cos cales os nenos poderán disrutar dos inchables de forma gratutia. O evento conta coa colaboración do Concello de Marín (que nos cede a ocupación de parte da Alameda), da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Comercio), La Caixa e a Deputación de Pontevedra.

30 de xullo de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.