publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nova centenaria en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou esta mañá a Emerenciana Castro Rodríguez para felicitala polo seu cen aniversario. A centenaria naceu na Arxentina aínda que desde moi nova reside en San Martiño de Anllo. Tivo tres fillas e dous fillos, un deles xa falecido. Ten ademais nove netos e oito bisnetos. Dedicou parte da súa vida aos traballos do campo. O alcalde anuncioulle que nas póximas semanas levará a traída de auga ao seu pobo. Tamén a agasallou cun ramo de flores.

Sober conta desde este luns con sete centenarios. Amais de Emerenciana, que reside en Anllo, dous deles viven en Refoxo, un en Gundivós, un en Doade, un en Rosende e un en Vilaescura. Son seis mulleres e un home. Todos eles gozan dunha estupenda saúde.

20 de xullo de 2015 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.