publicidade hoxe

Nigrán acollerá a quinta e decisiva xornada do Campionato Galego de Balonmán Praia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaNigrán
A-
A+

Esta fin de semana celebrarase en Nigrán a quinta e última xornada do Campionato Galego de Balonmán Praia coa participación de 56 equipos entre todas as categorías. En total uns 700 xogadores e máis de 2.000 espectadores durante os tres días de balonmán praia sobre a area de Panxón. Será unha xornada decisiva para o campionato sénior e cadete, xa que está en xogo a clasificación para a fase final, que se celebrará en Redondela os días 1 e 2 de agosto coa participación de 8 equipos. Torneo de Nigrán.

En Nigrán celebrarase os días 18 e 19 de xullo a quinta xornada do Campionato Galego de Balonmán Praia coa participación de 17 equipos masculinos, 10 femininos, 5 xuvenil masculino e 3 xuvenil feminino. Trala disputa das catro primeiras xornadas hai catro prazas masculinas dispoñibles para acadar un oco na gran final de Redondela, polo que está garantida a emoción e o grandes partidos. Na categoría feminina, so queda unha praza por decidir e tres son os clubs con posibilidades. Fase final de base.

Disputarase o venres 17 nas categorías cadete masculino e feminino, infantil masculino e feminino e alevín mixto coa participación de 21 equipos, mentres que as semifinais e finais terán lugar o domingo 19. Na base, coa excepción dos cadetes, todos teñen dereito a xogar a fase final. Na categoría cadete so se clasifican os oito mellores.

16 de xullo de 2015 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.