publicidade hoxe

Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaFolgoso do CourelPadrendaRiveiraSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09:30 horas de hoxe.

Activo Folgoso do Courel

Permanece activo o incendio iniciado o pasado sábado ás 19:18 horas no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia homónima. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 200 hectáreas. Nas tarefas de control levan participado 2 técnicos, 15 axentes forestais, 32 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

Activo A Fonsagrada

Activo un lume forestal no concello lugués da Fonsagrada, parroquia de Bruicedo. Iniciouse ás 01:00 horas de hoxe e segundo estimacións provisionais afecta a unha superficie de 28 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as 8 restantes de arborado. No seu control traballan 2 axentes forestais, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Estabilizado Navia de Suarna

Segue estabilizado desde as 18:59 horas de onte domingo o incendio rexistrado no municipio lugués de Navia de Suarna, parroquia de Ribeira. Este lume iniciouse o sábado ás 17:27 horas e segundo estimacións provisionais a superficie afectada é de 431 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes forestais, 40 brigadas, 23 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 6 avións. Tamén colaboraron nas tarefas de control membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Extinguido Padrenda

Extinguido ás 20:45 horas de onte domingo o incendio rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, tras comenzar na madrugada do venres ás 01:50 horas. Segundo estimacións provisionais, afectou a unha superficie de 235 hectáreas rasas en terreos de Rede Natura. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 11 axentes forestais, 34 brigadas, 13 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

27 de xullo de 2015 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.