publicidade hoxe

Medio Ambiente fai un chamamento a o consumo responsable da auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTaboada
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, chama a facer un consumo responsable da auga e a avanzar na adecuación das instalacións hidráulicas. A responsable de Medio Ambiente visitou esta mañá o Concello de Taboada, onde mantivo unha reunión co rexedor municipal, Ramiro Moure, ao que lle avanzou que o próximo luns, 20 de xullo, comezarán as obras da nova estación de tratamento de auga potable (Etap).

Lembrou que o pasado martes activouse o estado de prealerta, o que supón poñer en marcha os protocolos recollidos no Plan de Seca da demarcación Galicia-Costa aprobado no ano 2012. Vázquez Mourelle destacou que a situación require unha atención absoluta, aínda que de momento non é alarmante, pero a sociedade deber ser consciente da importancia do aforro deste recurso tan prioritario.

Engadiu que a subministración do recurso hídrico é unha cuestión que preocupa ao Goberno galego todo o ano. Nese sentido, “reiterou a necesidade e importancia de facer un consumo responsable da auga”, sobre todo despois de que Augas de Galicia activara o estado de prealerta ao de detectar no último mes un empeoramento significativo de varios dos indicadores que se avalían de forma continua, para determinar o estado hidrolóxico da demarcación Galicia-Costa.

Nova estación potabilizadora en Taboada

A conselleira sinalou que unha infraestrutura fundamental para mellorar e completar a subministración de auga en Taboada é a construción da nova estación de tratamento de auga potable, cuxas obras comezarán o vindeiro luns, 20 de xullo. Aclarou que “hoxe mesmo están a chegar os primeiros equipos, que traballarán a partir do depósito xa existente, polo que a previsión do Goberno galego é que os traballos estean rematados a finais deste ano 2015”.

Esta actuación conta cun investimento de 500.000 euros e mellorará a subministración de auga aos 3.100 veciños deste municipio, xa que “a nova planta de tratamento dobrará a capacidade de tratamento existente cunha potabilización correcta da auga, o que garantirá o caudal suficiente no verán e deixará cubertas futuras necesidades, ao completar a subministración ao polígono industrial”.

Na actualidade, o abastecemento de Taboada realízase a través da captación de auga do río Moreda, desde onde se están a bombear 12 litros/segundo; e está previsto duplicar a capacidade deste bombeo, chegando ata un caudal de 25 litros/segundo.

16 de xullo de 2015 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.