publicidade hoxe

Medio Ambiente convoca aos concellos da área de Ourense para impulsar o Plan de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroBarbadásColesO Pereiro de AguiarOurenseOurensePunxínSan Cibrao das ViñasToén
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de convocar aos concellos da área de Ourense a unha reunión para impulsar o Plan de Transporte Metropolitano na comarca. Á reunión están convocados os representantes dos municipios que conforman a coroa da área metropolitana de Ourense e que rexistran unha maior intensidade no intercambio de viaxeiros coa cidade de cabeceira.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, remitiu unha carta aos alcaldes de Ourense, Coles, San Cibrao das Viñas, Punxín, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Toén e Amoeiro, para convidalos a participar nunha reunión co obxetivo de pechar o acordo que permita impulsar o Plan e dar os primeiros pasos necesarios para acadalo. A reunión celebrarase o vindeiro martes 28 na Delegación Territorial da Xunta en Ourense.

Tal e como avanzou a conselleira de Medio Ambiente o pasado mes de xuño, o avance na implantación do Plan de Transporte Metropolitano en Ourense é un obxectivo prioritario da Xunta. Así, logo da posta en abril o Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo, xa son 5 as comarcas galegas nas que funciona este sistema que agora que pretende ampliar a 8 concellos da comarca de Ourense, poñendo á disposición dos veciños as vantaxes e dos descontos que inclúe.

Na misiva indícase que o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia formaliza o compromiso e o obxectivo común das distintas administracións para mellorar a mobilidade sustentable dos veciños, abaratando o custe do transporte público e facendo máis atractivo aos usuarios, con descontos medios duns 600 euros ao ano.

22 de xullo de 2015 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.