publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 70 cativos de Touro despediron hoxe ‘Xullo lúdico’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Clausura de Xullo Lúdico

Clausura de Xullo Lúdico

Máis de 70 nenos e nenas de Touro despediron hoxe no Pavillón Municipal de Deportes o programa ‘Xullo lúdico’, que ofreceu durante todo este mes actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) para que nais e pais residentes no concello poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. O programa continúa ata o 14 de agosto, ainda que con un menor número de participantes nenos e nenas.

Hoxe os máis pequenos e pequenas poideron disfrutar dos inchables instalados no Pavillón Municipal de Deportes. E tamén tomaron un tentempé e refrescos. A programación de ‘Xullo lúdico’ incluíu unha serie de actividades que, entre outras, está un obradoiro de internet-infomática, outro obradoiro de animación á lectura e outro de xogos predeportivos e cooperativos. Tamén fixeron actividades acuáticas na piscina e multideporte e un obradoiro de reciclaxe e medio ambiente.

31 de xullo de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.