publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Limpeza de fincas en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Concello de Cotobade está executando o bando de limpeza de fincas en virtude do cal e segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais As persoas propietarias, arrendatarias e usufructuarias de terrenos forestais e das zonas de influencia forestal, así como titulares o concesionarias de infraestructuras públicas ubicadas nos mesmos, teñen a obriga de mantelos en condicións que contribúan a previr ou evitar os incendios forestais, respetando especialmente as relativas á xestión da biomasa vexetal e as disposicións referentes ás especies que se contemplan na disposición adicional terceira da presente ley.”

Para ordenar levar a cabo as anteditas actuacións o artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, en caso de incumprimento de xestión da biomasa habilita ás entidades locais a  notificar “de oficio ou por instancia de parte, ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa vexetal, advertíndoas da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda e da aplicación de multas coercitivas, se é o caso. 

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia dalle a potestade ao Concello en caso de incumprimento de impor multas coercitivas  cuxa cuantía pode variar entre o 300 € e 6.000 €, ainda que o Concello ordinariamente imporá multas de 1.000 € para logra-la execución. 

O Concello de Cotobade non vai a ser permisivo neste asunto e seguirá tramitando ben a instancia de parte ou de oficio os correspondentes expedientes de execución, sancionadores ou de execución subsidiaria de limpeza de fincas para dar cumprimento coa normativa de prevención e defensa contra incendios, e proba deste procedemento son os 94 expedientes que se tramitaron nos últimos 4 anos.

2 de xullo de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.