publicidade hoxe

Lete Lasa felicita á ciclista galega Lucía Vázquez polas dúas medallas de bronce acadadas nos Campionatos de España de BTT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Lete Lasa con Lucía Vázquez

Lete Lasa con Lucía Vázquez

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo xefe de servizo de Deportes, Daniel Benavides, felicitou a Lucía Vázquez polas dúas medallas de bronce acadadas nos Campionatos de España de BTT celebrados este mes en Valladolid. Así o fixo durante un adestramento da corredora de mountain bike polo parque Illa das Esculturas de Pontevedra.

Os resultados están a acompañar á ciclista de Vilaboa que a principios de xuño se proclamou por segunda vez na súa carreira gañadora da clasificación xeral final do Open de España, un certame no que tamén se impuxo en tres das cinco carreiras disputadas. Ademais, a deportista galega adxudicouse por décima vez o título de campioa autonómica Elite.

Lete Lasa quixo recoñecer con este acto a traxectoria dunha das deportistas individuais máis relevantes do noso deporte e amosoulle o apoio da Xunta de Galicia para que poida seguir competindo ao máximo nivel en España e no estranxeiro coa aspiración de asisitir aos Xogos Olímpicos de Río 2016 no horizonte.

29 de xullo de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.