publicidade hoxe

Laboratorio Máxico en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O xoves 30 de xullo, ás 20.00 h., a Praza Ramón Juega de Laxe acollerá o espectáculo “Laboratorio Máxico” da compañía Mundo Mandarina.

O Espectáculo

 Entre as técnicas circenses que domina Mandarina, destaca a máxia cómica. Grazas a esa destreza, a artista preséntanos un espectáculo no que o ilusionismo, clown e monicreques crean o cóctel perfecto. Como guinda, Mandarina preséntanos o paxaro Rigoberto, amigo inseparable da protagonista e secundario de luxo, un deses roubaplanos que nos enternece malia ser un chisco atravesado.

Improvisación, humor e maxia. Esas son as claves deste espéctaculo no que coñecemos a vertente máis fantástica de Mandarina, unha personaxe moi potente, capaz de mesturar a ironía do mago co despiste para trasladar ao público a lugares que serían inalcanzables sen o poder da fantasía.

29 de xullo de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.