publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Insultos para o único detido polo dobre crime de Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Un grupo dunha decena de persoas recibiu ao berro de asasino e con insultos ao único detido polo dobre crime da parella que foi achada morta en Arbo (Pontevedra) o pasado venres e que é exmozo da muller falecida, Arturo D., que foi trasladado este luns aos xulgados de Ponteareas. O home foi conducido aos xulgados nun furgón da Garda Civil e cando foi baixado para introducilo en dependencias xudiciais, foi axudado por axentes a cubrirse a cara. Pasará a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Ponteareas, que instrúe o caso e que decretou o segredo das actuacións.

Este home permanecía nos calabozos da Garda Civil tras ser detido o pasado venres, pero estábase á espera do resultado das dilixencias para determinar se se trata dun crime considerado de violencia machista. Nas inmediacións dos xulgados de Ponteareas tamén puido verse a polo menos un familiar do home morto.

Os corpos sen vida dos xóvenes Sergio Rodríguez Fernández, de 36 anos de idade, e Beatriz Rodríguez Mariño, de 30 anos, que levaban unhas semanas de relación sentimental, foron atopados nun monte da Telleira con indicios de recibir disparos, supostamente dunha escopeta. O home detido é afeccionado á caza.

6 de xullo de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.