publicidade hoxe

Inícianse as obras de pavimentación da rúa Claudio Iglesias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Este luns deron comezo as obras de pavimentación da Rúa Claudio Iglesias  o que supón, de feito, o peche completo deste vial durante a  lo menos unha semana. As obras consisten na retirada das losetas existentes e na creación dun firme de formigón. A xustificación deste cambio, segundo os informes técnicos, ven dada polo mal estado no que, de xeito reiterado, se atopaban as losetas que non eran adecuadas para a circulación de vehículos e que sufrían continuas roturas e desprazamentos.

O proxectodesta rúa xa estaba aprobado e licitado no mes de maio polo que, a data de hoxe, tan só restaba a súaexecución. O Concello do Grove agradece a comprensión dos veciños e veciñas e dos visitantes polas molestias que estas obras poidan ocasionar. 

28 de xullo de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.