publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan a un veciño de Cea por un incendio forestal en Nogueira de Ramuín

Europa Press

Un veciño de Cea foi imputado como presunto autor dun incendio forestal na localidade ourensana de Nogueira de Ramuín no que arderon 8.000 metros cadrados de superficie arbolada. A detención produciuse por axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense e, segundo informa a Xunta, o lume foi ocasionado polo uso dunha máquina rozadora.

Este incendio tivo lugar o pasado 21 de xullo no lugar de Viñoas, en Nogueira de Ramuín. Por iso, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Ourense. En concreto, a Policía Autonómica leva detidas a un total de 42 persoas no que vai de ano como presuntos autores de incendios forestais.

30 de xullo de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.