publicidade hoxe

Gundivós celebra as festas na honra a Santiago e Santa Ana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas Festas na honra a Santiago e Santa Ana que se celebran esta fin de semana en Gundivós. Os festexos comezan o día 24 de xullo, venres, cunha gran pancetada popular a partir das 21:30 horas. De seguido haberá verbena amenizada polo Dúo Eclipse.

O sábado 25 haberá misa solemne a partir das 13:30 horas seguida de sesión vermú amenizada pola Orquestra Bohemia, protagonista tamén da verbena que dará comezo ás 21:00 horas.

O domingo día 26 haberá misa solemne ás 13:30 horas e sesión vermú amenizada polo Trío Meritxell. O mesmo trío será o encargado de amenizar a festa de tarde-noite a partir das 21:00 horas.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se atopen de visita na localidade a participar da celebración.

23 de xullo de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.