publicidade hoxe

Foz acolle o primeiro encontro de participación cidadá sobre o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, organiza o primeiro encontro de participación cidadá sobre o Plan Hidrolóxico Galicia- Costa. O encontro terá lugar hoxe, xoves 30 de xullo, en Foz e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural da Mariña Lucense. A administración Hidráulica de Galicia quere, a través deste encontro, dar a cidadanía a posibilidade de participar activamente na xestión da auga, recollendo as súas impresións sobre os procesos de traballo relativos a xestión das concas e garantindo así a presenza de todas as partes interesadas.

Asemade Augas de Galicia quere acercar máis a súa labor e difundir o proceso de planificación hidrolóxica adaptado a un contexto territorial próximo. Neste caso concreto, os contidos xiran en torno ao contexto territorial da Mariña Lucense.

O encontro está aberto a todas as persoas interesadas en coñecer máis información sobre a xestión da auga na súa comarca O encontro terá lugar na aula de formación do Centro Social de Foz sito no Porto da Ribeira, 1, ás 19 horas.

Na actualidade o Plan Hidrolóxico Galicia- Costa está en fase de elaboración do texto definitivo, incorporando as aportacións que a poboación fixo durante a información pública e as mesas de participación.

Consumo responsable ante a situación de prealerta

Durante o encontro os representantes de Augas de Galicia tamén incidirán na necesidade de facer un consumo responsable da augas, sobre todo neste días nos que a Xunta activou a prealerta por seca hidrolóxica. Reitera á poboación e aos concellos a facer un consumo responsable do recurso hídrico e intentar reducir o consumo de auga na medida que sexa posible.

Os indicadores mostran que os niveis de ríos seguen unha tendencia similar á súa situación no pasado mes do xuño; levemente aliviada nalgunhas zonas, polos chuvascos ocasionais rexistrados recentemente. O nivel dos encoros segue sendo suficiente para garantir o abastecemento aos maiores núcleos de poboación. A pesar desta situación, aínda é moi necesario que a poboación realice un consumo responsable, intentado aforrar auga nas actividades cotiáns. A modo de exemplo, pechar a chave da auga pra previr fugas, se vas de viaxe varios días; lavar os dentes coa billa pechada (afórranse 12 litros/ minuto) e sempre mellor ducharse que bañarse (pódense aforrar ata 200 litros si se usan cabezais redutores de caudal). Outros xestos cotiás cos que se pode aforrar auga é non deixar a billa aberta mentres se enxaboa, cando se fregan os pratos á man e non empregar o inodoro como unha papeleira, xa que se gastan inutilmente ata 10 litros de auga cada vez que se descarga.

Por todo isto Augas de Galicia insta a toda a cidadanía e aos concellos unha moderación no seu consumo da auga ante a perspectiva dun dos veráns máis secos dos últimos anos. Recomenda un consumo responsable da auga e evitar o gasto innecesarios e o desperdicio do recurso.

Pulo ás actuacións de conservación e limpeza

Outro dos puntos abordados no encontro foi a aprobación do Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas necesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, -entre outros puntos- a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos.

Coa nova normativa só será necesario que o particular ou administración local correspondente comunique con 15 días de antelación as tarefas a executar a Augas de Galicia. Trátase dunha axilización fronte aos trámites actuais, que se traducen nunha duración de entre 4 e 6 meses por expediente. A día de hoxe, realizar este tipo de actuacións precisa unha presentación da solicitude, especificando o tramo e os traballos de limpeza, visita da gardería, informes técnicos e proposta-resolución.

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.

30 de xullo de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.