publicidade hoxe

Finaliza o prazo de inscrición do XVII edición do Torneo de Tenis Concello de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Concellería de Deportes organiza para este verán a XVII edición do Torneo de Tenis Concello de Ribadumia, que se vai disputar entre o 7 e o 15 de agosto nos pavillóns de Ribadumia e de Sisán. Coma cada ano, as modalidades nas que se disputa o torneo son, para menores de 14 anos, xuvenil masculina e feminina; e para maiores de 14 anos, absoluta e dobres, masculinas e femininas.

As inscricións, que xa levan abertas dende o xoves 16 de xullo, rematan este venres 31. Os interesados poderán inscribirse nos seguintes teléfonos: 986 718 491/9 ata as  13:30 horas do venres e os datos requiridos para a inscrición son nome, idade, categoría na que van xogar, dispoñibilidade horaria e teléfono.

A diferenza da edición anterior, os xogadores  terán que chamar aos seguintes números: 986400777 e 622614004 dende o 3 ao 6 de agosto para coñecer o lugar e hora que van a xogar e axilizar desta forma a organización do evento. 

Este evento que xa se constitúe como tradicional entre os tenistas da comarca, tivo nos últimos  anos  un nivel de participación moi alto, éxito que dende a concellería confían en repetir nesta edición.

Abre o prazo para a Escola Municipal de Tenis

Desde a concellería tamén se quere recordar que xa está aberto o prazo de inscrición para participar o próximo curso na Escola de Tenis Municipal de Ribadumia, que conta coa ensinanza de profesores titulados pola Federación Galega. As persoas interesadas en participar xa poden reservar a súa praza nas oficinas municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas. 

30 de xullo de 2015 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.