publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finaliza o obradoiro de alérxenos impartido en Agolada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgolada
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

O tenente da Alcaldía de Agolada Héctor Martínez participou na clausura do Obradoiro de Alérxenos que se desenvolveu na Aula de Informática da Casa da Cultura do Concello de  Agolada durante dous días e que contou ca participación de máis de 35 persoas, resultando un grande éxito de participación.

O obradoiro tivo lugar no marco do IV Plan de Acompañamento do Sector agrario, alimentario e turístico que está a desenvolver a Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza coa colaboración do Concello de Agolada.

O obxetivo deste era ensinar aos participantes a  Aplicación práctica do Regulamento 1169/2011 que entrou en vigor o 13 de decembro de 2014 e que obriga aos establecementos hostaleiros a declarar todos os ingredientes contidos nos produtos que ofrecen e ao mesmo tempo aprender a adaptar as súas cartas ou pratos ao novo regulamento, declarando os alérxenos existentes en cada prato/receita / menú.

Deste xeito as prácticas consistiron en conceptos básicos de alérxenos, etiquetado,  intolerancia, fichas técnicas, adaptación cartas etc.

Compre destacar a boa aceptación dos participantes, que demandaron seguir a facer este tipo de obradoiros e a experiencia da  relatora que impartiu as charlas dun xeito moi ameno e participativo.

 

21 de xullo de 2015 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.