Feira da cebola chata de Miño
O Concello de Miño celebra o sábado 1 e o domingo 2 de agosto a XIV Feira da cebola chata de Miño e mercardo tradicional, coincidindo co Miñostock, a X Feira de Oportunidades. O programa festivo incluirá diversas exposicións, obradoiros, degustacións e actividades para goce de todos os asistentes. Ademais, tamén se contará cunha degustación na tarde do domingo e, como non, concertos musicais.