publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece un operario de 40 anos nas Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un operario de 40 anos faleceu na mañá deste domingo nas Pontes ao caerlle unha peza dunha escavadora encima. En concreto, o suceso rexistrouse mentres o home desmontaba unha escavadora antiga nun taller de despiezamiento próximo a Endesa.

   Unha das pezas da máquina, de uso para o transporte de pedras en minas, caeu encima e nada se puido facer por salvarlle a vida, segundo precisou o CAE 112 Galicia.

   Os servizos sanitarios de urxencia enviaron ao lugar do accidente o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que, tras confirmarse o falecemento do operario, deu a volta.

   O sinistro produciuse pouco antes do mediodía deste domingo, segundo informaron compañeiros do falecido ao persoal do 112 Galicia.

   Nada máis recibir a súa chamada, desde o CAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil das Pontes.

   Pola súa banda, Urxencias Sanitarias enviou, segundo precisou nun comunicado, unha ambulancia asistencial, un helicóptero do 061 e persoal sanitario da PAC das Pontes.

12 de xullo de 2015 | 14:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.