publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal de Láncara tras calcinar 22 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncara
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal iniciado o luns no concello lugués de Láncara, na parroquia de Ronfe, quedou extinguido ás 22,19 horas do martes, tras calcinar unhas 22 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural e do Mar. A superficie afectada, segundo últimas estimacións provisionais do departamento autonómico, é de 18,8 hectáreas arboredos e tres de superficie agrícola. En concreto, o lume iniciouse o luns ás 19,19 horas e quedou finalmente extinguido ás 22,19 horas do martes. Na súa extinción traballaron un técnico, sete axentes forestais, 16 brigadas, sete motobombas, tres pas, catro helicópteros e sete avións.

15 de xullo de 2015 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.