publicidade hoxe

Éxito de participación na Festa dos Nenos na semana cultural da Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Festa da escuma

Festa da escuma

A Festa dos Nenos organizada polo Concello da Lama, dentro da Semana Cultural, na Alameda saldouse cun gran éxito de participación a pesar de que durante varios momentos as negras nubes ameazaron o desenvolvemento do evento.

Os máis pequenos da casa foron os protagonistas das actividades deseñadas polo equipo de goberno que lidera Jorge Canda e que contemplaban a presenza de inchables de gran tamaño, enormes tobogáns, touro mecánico e un fin de festa coa espuma como elemento de xogo. 

A Festa dos Nenos pretende ser un punto de encontro para os máis pequenos da casa que acoden á Alameda da Lama para gozar en familia de actividades supervisadas por monitores e que buscan mediante o xogo divertir e entreter aos menores nos seus días de vacacións. 

Os aparellos instalados na Alameda estiveron a disposición dos nenos e as súas familias totalmente gratis e para facer uso dos mesmos só debían seguir as indicacións dos monitores que estiveron adscritos a cada un dos inchables, tobogán xigante e touro mecánico. 

Para culminar esta actividade celebrouse unha multitudinaria Festa da Espuma onde tanto nenos como maiores se deixaron envolver polas pompas de xabón e a espuma que invadía por completo o recinto habilitado na Alameda para esta actividade.

28 de xullo de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.