publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Estabilizado o lume forestal en Folgoso do Courel

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 horas de hoxe.

Activo A Fonsagrada

Continúa activo o lume forestal rexistrado no concello lugués da Fonsagrada, parroquia de Bruicedo. Iniciouse ás 01,00 horas de hoxe e segundo estimacións provisionais afecta a unha superficie de 28 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as 8 restantes de arborado. No seu control levan traballado 1 técnico, 3 axentes forestais, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Folgoso do Courel

Desde as 12,30 horas está estabilizado o incendio iniciado o pasado sábado ás 19,18 horas no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia homónima. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 200 hectáreas en terreos de Rede Natura. Nas tarefas de control levan participado 2 técnicos, 17 axentes forestais, 35 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

Controlado Navia de Suarna

Está controlado desde as 11,20 horas de hoxe o incendio rexistrado no municipio lugués de Navia de Suarna, parroquia de Ribeira. Este lume iniciouse o sábado ás 17,27 horas e segundo estimacións provisionais a superficie afectada é de 431 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes forestais, 41 brigadas, 24 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 6 avións. Tamén colaboraron nas tarefas de control membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

27 de xullo de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.