publicidade hoxe

Economía e Industria destaca a aposta de Extrugasa pola renovación tecnolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaValga
A-
A+

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe a aposta da empresa Extrugasa pola continua renovación dos seus procesos e das súas instalacións produtivas en Valga, como garantía para mellorar a súa competitividade e reforzar a súa presenza noutros mercados.

A empresa, dedicada á fabricación e acabado da perfilería do aluminio, forma parte do Grupo Quintá e ocupa unha superficie de 160.000 metros cadrados, dos que aproximadamente 80.000 corresponden a naves produtivas. Na súa expansión internacional, a empresa acolleuse ao programa Primex do Igape para abordar a súa implantación comercial en Frankfurt, Alemaña, coa idea de consolidar os seus avances en mercados internacionais. Na actualidade, ademais, Extrugasa exporta a diferentes mercados de Europa, América Latina e África.

Durante a súa visita ás instalacións desta empresa, o director do Igape destacou o amplo abano de instrumentos activados pola Xunta, no marco do Programa Galicia 1000, para facilitar o financiamento dos investimentos das pemes galegas, entre os que salientou os préstamos directos Jeremie e os préstamos bonificados ou avalados para financiar, respectivamente, investimentos ou circulante. Os préstamos directos con fondos Jeremie poden ter un importe de ata 1,8 millóns de euros, con prazos de amortización de ata 11 anos e con xuros máximos que poderán quedar por baixo do euríbor máis 0,4%.

O programa Galicia 1000 constitúe un paquete integral de financiamento que ten como obxectivo dar resposta ás distintas necesidades das pemes en función da súa situación. O programa, está dotado con 70 millóns de euros e ten capacidade para mobilizar 300 millóns de euros en proxectos empresariais.

3 de xullo de 2015 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.