publicidade hoxe

Dúas persoas feridas por unha colisión múltiple en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasSalvaterra de MiñoSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital Perpetuo Socorro a dúas persoas que resultaron feridas por mor dunha colisión con tres coches implicados. O accidente, segundo informa o 112, produciuse na DP-4006, no punto quilométrico 6, ao redor das 16,30 horas deste mércores. Un particular pediu axuda ao persoal do centro de atención ás emerxencias, que pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas.

Tamén, en Cangas, dous motoristas foron atendidos despois de que sufrisen unha caída co seu vehículo na PO-315, á altura do cruzamento de Santa Marta. Tras a chamada dun particular, o persoal do 112 informou o servizo municipal de Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Urxencias Médicas xa enviara aos seus medios.

22 de xullo de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.