Dous feridos en Portas nunha saída de vía
Dúas persoas resultaron feridas este xoves tras saírse da vía co vehículo no que viaxaban cando circulaban preto do lugar de San Xoán, á altura do Concello de Portas (Pontevedra). O alertante que chamou ao 112, sobre as 9,30 horas, segundo indica o centro, indicou que unha indisposición do condutor puido ser a causa do accidente, pero que os dous ocupantes saíron polos seus propios medios do vehículo.
O 112 informou a Urxencias Médicas, que desprazou a dúas ambulancias ao lugar dos feitos. Tamén se solicitou a colaboración de axentes da Garda Civil de Tráfico, efectivos do GES de Valga e de Protección Civil de Portas.