publicidade hoxe

Dobrete do Corsario VI no Trofeo Conde de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportes
A-
A+

Unha intensa néboa e un escaso vento marcaron a terceira etapa do Trofeo Conde de Gondomar, que comezou a celebrarse o pasado venres baixo a organización do Monte Real Club de Iates e co patrocinio de SabadellGallego e Storax.

Tras unha primeira xornada na que competiron as clases ORC 1, 2, e 3, e unha segunda para a clase ORC 4, e os monotipos J80 e Fígaros, este domingo saíron ao auga todas as embarcacións inscritas no campionato. As condicións meteorolóxicas impediron que se celebrasen as dúas probas programadas e as embarcacións tiveron que disputarse a vitoria nunha única regata que deu comezo pasadas as dúas e media da tarde.

Foi unha proba rápida e emocionante, cun percorrido técnico barlovento-sotavento dunhas seis millas e media de distancia na ría de Vigo, ao leste das Illas Cíes. Dúas cinguidas e dúas popas que as tripulacións navegaron con vento franco dunha media de 8 nós e algún pico de 10.

Na clase ORC 0-1, os Aceites Abril, que gañara na primeira xornada, volveu demostrar a súa poderío na auga. Os irmáns Luís e Jorge Pérez Canle, do Real Club Náutico de Vigo, venceron na proba disputada hoxe e conseguiron facerse co ouro da súa categoría. A prata e o bronce quedaron no Monte Real. Foron para o Pairo 8 de Luís Bugallo e o Castrosúa de Willy Alonso, respectivamente. O Arroutado do Real Club Náutico de Portosín quedou fóra do podio pese conseguir o terceiro posto na regata de hoxe.

Na clase ORC 2, o Corsario VI, de Javier Durán e grímpola do Club de Mar de Vilagarcía, foi o vencedor tanto da xornada como da xeral. En segunda e terceira posición quedaron o Bosch ServiceSolutions de Ramón Ojea e os zamoranos do DKV Seguros, patroneados por Juan Carlos de Ana.

Na competición dos ORC 3 non houbo ningún movemento nunha clasificación que se definiu na primeira xornada e que se mantivo até o final. O Fend a Bise do Iate Clube do Porto, con Jean Claude Sarrade á cana; o Unus de Punta Lagoa, patroneado por Luís Manuel García Trigo, e o Pottokade UnaiBasurko, do Club Pakea; quedaron primeiro segundo e terceiro respectivamente. 

Tampouco houbo cambio algún no deseño do podio dos ORC 4. O Enxuto de Pablo Conde, do Galway BaySailing Club; o Margem do Azul III de FredericoLopes, do Monte Real;  e o Iumar de RuiPeixoto, do DFH Guimaraes; lograron o ouro, a prata e o bronce tras manterse en primeira, segunda e terceira posición desde o comezo do trofeo.

Máis emocionante foi a competición en tempo real dos monotipos J80, que pelexaron duramente pola vitoria e mantivéronse moi próximos uns aos outros na clasificación, subindo e baixando de postos nas diferentes probas. O Virazón de Miguel Lago, do Monte Real Club de Iates, venceu na proba celebrada esta tarde, pero a vitoria da xeral foi finalmente para o Mi Moneda, de Jacobo Vecino, tamén do club baionés. En segunda posición,  outro barco do Monte Real, a Luna Nueva, de Juan Luís Tuero; e en terceira, o Náutico Cormorán, de Rodrigo Alonso. 

Na clase Fígaro, o Erizana de Carlos Hernández, cunha tripulación de alumnos da Escola de Vela do Monte Real, realizou un fantástico traballo na auga, impúxose en todas as probas e conseguiu o primeiro posto da xeral. O segundo e terceiro posto foron para o Bouvento de Genoveva Pereiro e para o Silleiro de Victor Calviño, ambos os do club baionés. 

Coa entrega de premios desta cuadraxésima edición do Trofeo Conde de Gondomar, o Monte Real Club de Iates inicia xa a conta atrás para outra das súas grandes competicións, o Trofeo Príncipe de Asturias, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de setembro.

27 de xullo de 2015 | 08:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.