publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Desaloxado o Parador de Santo Estevo por un incendio nunha oficina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de RamuínPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio orixinado nunha das oficinas do inmoble obrigou a desaloxar o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, localizado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín. En concreto, e aínda que non se rexistraron danos persoais, entre unhas 50 e 60 persoas foron desaloxadas a última hora do martes como medida de precaución mentres os servizos de emerxencia desprazados realizaban tarefas de ventilación do local.

Os servizos de Emerxencias do 112 recibiron o aviso sobre as 20.30 horas do martes, e ao lugar desprazáronse efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

O persoal de mantemento do Parador xa sufocara as chamas, orixinadas nun cuarto destinado a oficinas que estaba situado no baixo cuberto do inmoble.

29 de xullo de 2015 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.