publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curtis solicita á Xunta que manteña os ciclos formativos para garantir a igualdade de acceso á Educación no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
O alcalde de Curtis na reunión con Román Rodríguez

O alcalde de Curtis na reunión con Román Rodríguez

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, reuniuse esta mañá co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para solicitar que manteña a totalidade das ofertas dos ciclos educativos no IES de Curtis, tendo en conta a situación estratéxica do centro que dá cobertura a unha zona moi ampla do rural do interior da provincia da Coruña.

O rexedor trasladou a preocupación do Concello por si non se cobre a totalidade das prazas ofertadas e desaparecen dúas dos ciclos que agora se imparten, o de Instalacións Eléctricas e  Automáticas e o de Xestión Administrativa. Sostivo ademais, que o IES de Curtis é o centro de referencia para unha ampla zona xeográfica, que dá servizo a varios municipios do interior da provincia da Coruña, tanto pola súa localización como pola calidade do seu ensino, como se ve reflectido nos resultados dos últimos anos nas probas de selectividade. 

Caínzos lembrou que nos últimos anos estas instalacións educativas han conseguido cubrir a totalidade das prazas dos ciclos formativos ao absorber no mes de setembro alumnos excedentes doutros centros coa mesma oferta educativa.

O alcalde puxo en valor a importancia de garantir “a igualdade de acceso á Educación dos alumnos da zona rural en relación ao das zonas urbanas, e máis si estamos a loitar desde as administracións para asentar a poboación”. 

Melloras tecnolóxicas no CEIP de Teixeiro e Curtis

Ademais, Javier Caínzos solicitou ao Conselleiro con vistas ao novo curso escolar a dotación de equipamento, principalmente relacionado coas novas tecnoloxías, para o CEIP de Curtis e Teixeiro.

22 de xullo de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.