publicidade hoxe

Convócase o primeiro concurso de debuxos sobre a parroqua de Santa María de Sacos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Presentación do concurso

Presentación do concurso

O Concello de Cotobade colora coa Comunidade de Montes de Sacos no primeiro concurso de debuxos que convoca esta Comunidade O concurso  estaba composto por tres categorías repartidas por idades.

1ª Grupo: de 4 a 8 anos

2ª Grupo: de 9 a 12 anos

3ª  Grupo: de 13 a 16 anos

Os participantes tiñan relación de parentesco cos comuneros, ben como fillos, irmáns, curmáns sobriños ou netos. Todos os participantes levarán un obsequio pola sua participación.

O xurado composto pola Xunta directiva da Comunidade de Montes e polo Alcalde e a técnico de Cultura, reuniouse o luns 27 as 10:00 da maña para seleccionar aos gañadores.

Cada categoría conta cun total de 3 premios que se entregarán o sábado

01 de agosto dentro do acto de inauguración das melloras da planta baixa da casa do pobo.

O día 01 de agosto programase unha serie de actividades con motivo da inauguración co seguinte orde As 17:00 xogos para os mais cativos: inchables, futbolín e monitores para o desfrute das actraccións e xogos As 18:30 entrega dos premios do Concurso  e finalmente As 19:30 unhs merenda- consitente en empanada e polbo O Concello de Cotobade e a Xunta Veciñal de Montes en Man Común de Santa Maria de Sacos, queren agradecer a participación dos rapaces ao concurso, onde se reflexaron monumentos, espazos, persoas descatables, fauna  e actividades propias da parroquia.

Os debusxos gañadores serán expostos na Casa do Pobo, pasando a formar parte da mesma.

30 de xullo de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.