publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlados os lumes rexistrados en Láncara e Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraPortada dereitaSucesosVimianzo
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control dos incendios forestais rexistrados no concello lugués de Láncara, parroquia de Ronfe, e no coruñés de Vimianzo, parroquia de Berdoias. O lume de Láncara quedou controlado ás 04:55 horas desta madrugada, tras comezar ás 19:19 horas de onte. Na súa extinción traballan un técnico, 5 axentes forestais, 14 brigadas, 6 motobombas, unha pa, 4 helicópteros e 7 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 17 hectáreas arboradas e 3 de superficie agrícola.

O incendio de Vimianzo quedou controlado ás 06:00 horas desta madrugada, tras iniciarse ás 21:26 horas de onte. Na súa extinción traballan 4 axentes forestais, 9 brigadas, 5 motobombas e unha pa. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 30 hectáreas de monte raso e 11 arboradas. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

14 de xullo de 2015 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.