publicidade hoxe

Controlado o incendio de Cualedro

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14:30 horas de hoxe.

Extinguido Vilagarcía de Arousa

Ás 13:56 horas deste mediodía quedou extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Carril, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, tras comenzar ás 22:07 horas de onte xoves. O lume afectou á illa de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e segundo estimacións provisionais a superficie foi de 0’05 hectáreas, das cales 0’02 son arboradas e 0’03 rasas. Na súa extinción traballaron 4 axentes forestais, 5 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Cualedro

Desde as 13:47 horas desta tarde está controlado o lume rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes. O lume iniciouse ás 02:20 horas desta madrugada e no seu control traballaron 1 técnico, 3 axentes forestais, 8 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 2 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 60 hectáreas.

Controlado Xinzo de Limia

Continúa tamén controlado desde as 01:24 horas desta madrugada o lume iniciado onte ás 15:50 horas na parroquia de Novás, no concello ourensán de Xinzo de Limia. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada por este lume é de 25 hectáreas. No control traballaron 1 técnico, 2 axentes forestais, 9 brigadas, 5 motobombas, 6 helicópteros e 5 avións.

Controlado Calvos de Randín

Permanece tamén controlado desde as 01:41 horas desta madrugada o lume rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, na parroquia de Rubiás dos Mixtos. A superficie afectada por este lume, segundo estimacións provisionais tralo parametrizado, é de 130 hectáreas situadas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No control deste lume, que se iniciou ás 18:47 horas do pasado mércores, traballaron 3 técnicos, 7 axentes forestais, 28 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

17 de xullo de 2015 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.