publicidade hoxe

Consenso no Concello de Touro para apoiar aos gandeiros galegos na defensa do sector lácteo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Os tres grupos políticos presentes na Corporación Municipal do Concello de Touro manifestaron o seu consenso no apio aos gandeiros galegos na defensa do sector lácteo. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, o concelleiro do BNG, Xoán Louzado, e a concelleira do PSdeG-PSOE, Gemma López de Fuentes, firmaron un documento no que se comprometen a apoiar aos gandeiros galegos “nas súas reivindicacións na defensa do sector lácteo”. Aseguran que apoiarán tamén “as súas demandas para a consecución de prezos xustos en orixe e que teñan seguridade na recollida do leite, porque entendemos altamente perxudicial a actual situación que están a sufrir”. As tres formación políticas representadas no Concello de Touro demandan “a máxima implicación da Xunta e do Goberno Central na solución dos problemas deste sector, estratéxico para a supervivencia do rural galego e en particular do Concello de Touro”.

17 de xullo de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.