publicidade hoxe

Concurso de fotografía medioambiental en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IIº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso imos ter dúas categorías:

-Adultos, que teñan 18 anos ou máis.

-Xuvenil, para menores de 18 anos.

En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as  recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.

Normas do concurso:

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:

-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.

-Copia do NIF do concursante.

-Un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 18 DE SETEMBRO DE 2.015, e poderá presentarse  tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación,  tendo en conta o límite do día 18 DE SETEMBRO DE 2015.

2 de xullo de 2015 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.