publicidade hoxe

Comezan as rozas nos viais de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O concelleiro de Obras e Servizos, Augusto Rey, confirmou hoxe que os traballos de limpeza, roza e rozamento dos camiños e parcelas de titularidade municipal comezarán esta semana. O responsable socialista asegura que se limparán preto de 250 quilómetros en todas as parroquias e espera que o traballo, tal e como se establece o contrato coa adxudicataria, finalice en seis semanas. O servizo foi adxudicado á empresa “Enxeñaría Ambiental de Galicia, S.L.”, por un importe de57.553,86 euros (IVE incluído).

Rey indica que o atraso na limpeza das parcelas e camiños públicos débese a que o anterior executivo non formalizou a contratación antes do verán, polo que a súa contratación foi unha das súas prioridades desde que tomou posesión. Asegura que moitos veciños se puxeron en contacto co goberno local para demandar esta limpeza, pero até agora ese traballo tan importante non se puido levar a cabo debido a que o traballo non se contratou no seu momento coa celeridade que requiría. “A limpeza dos nosos camiños públicos débese realizar antes da época estival para evitar prexuízos aos veciños. O Concello é o primeiro que ten que dar exemplo e así será nas próximas actuacións”, indicou o portavoz do goberno local do PSdG.

Doutra banda, resalta unha novidade no contrato, que será bianual, e é que se realizarán dúas rozas anuais; un entre os meses de maio e xuño, e un segundo corte para o 50% dos camiños principais, entre setembro e outubro a determinar polos técnicos municipais

23 de xullo de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.