publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

COGAMI inicia un curso de xardinería para persoas con discapacidade en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaBegonteGuitirizLugo
A-
A+

As instalacións que COGAMI ten en Lugo (rúa da Luz, nº4, polígono de Fingoi)  acollen un curso de AFD de xardinería no que se están a formar 15 persoas, 13 homes e 2 mulleres, procedentes dos concellos de Lugo, Antas de Ulla, Begonte e Guitiriz, estando todas estas inscritas no servizo de emprego de COGAMI, o SIL.

Denominado Actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería, esta formación está dirixida a persoas con discapacidade e en situación de desemprego, sendo  subvencionada Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Emprego e Benestar a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación 

Cun total de 348 horas de duración, con data de inicio o 15 de xullo e con data de remate prevista para o 21 de outubro, para formar parte deste curso, o alumnado, ademais de ter discapacidade recoñecida, ou unha incapacidade laboral recoñecida que lles impide volver desempeñar a profesión que tiñan,  debe estar inscrito como demandante de emprego. 

As clases impártense de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e as persoas participantes formaranse en contidos tanto teóricos como prácticos sobre zonas operacións básicas en viveiros e centros de xardinería, para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes, para o seu mantemento e ademais realizarán 80 horas de prácticas profesionais. 

15 de xullo de 2015 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.