publicidade hoxe

Clausura dos Campamentos de Verán de Lousame cunha gran festa final

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Máis de oitenta rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 6 e o 15 anos, participan nos Campamentos de Verán do Concello de Lousame, que este ano chegaron á súa decimoterceira edición. Uns campamentos nos que “participan nenos e nenas de todas as parroquias e que son unha realidade grazas ao traballo dos nosos técnicos municipais e á extraordinaria colaboración do voluntariado de Lousame”, explica a alcaldesa, Teresa Villaverde.

Tras pasar unha divertida xornada no Aquapark de Cerceda, os pequenos disfrutarán hoxe dunha xornada de praia en Portosín e pasarán a noite no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, onde participarán en distintas actividades de ocio, como un concurso de karaoke, xogos, música, deportes… Os campamentos rematarán mañá venres 17 de xullo cunha gran Festa de Fin de Campamento, a partir das 16:00 horas, no polideportivo municipal. Haberá circuíto de trikets, festa da escuma, sesión disco, piscina e entrega de agasallos de despedida.

16 de xullo de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.