publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cinco grandes adegas da D.O. Ribeiro patrocinarán as etapas da “52ª Regata Ribeiro rías de Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

Cinco adegas excelentes da Denominación de Orixe Ribeiro (Bodegas Villanueva, Pazo Casanova, Finca Viñoa, Casal de Armán e Viña Costeira)coparticiparán no patrocinio da “52ª Regata Ribeiro Rías de Galicia”, que este ano se estrenacon o nome do Ribeiro en base ao acordo quinquenal entre este D.O. e o Real Club Náutico de Vigo, organizador da competición.

A Regata, que xa confirmou a inscrición de sete dos últimos campións, celébrase entre o 13 e o 16 de agosto. Unha das grandes novidades é que cada adega correrá co patrocinio dunha etapa. Así, Bodegas Villanueva patrocinará a de saída entre Vigo e Sanxenxo. Pazo Casanova e Finca Viñoa compartirán o patrocinio da segunda etapa entre Sanxenxo e A Pobra do Caramiñal. Casal de Armán será a encargada de patrocinar a terceira etapa entre A Pobra e Combarro. Pola súa banda, Viña Costeira patrocina a última etapa entre Combarro e Vigo.

O programa da Regata arrinca esta semana co evento solidario “Cata & Mar & Música”, cuxo lema é “Embárcate por unha boa causa”.Os fondos recadados pola venda de entradas (3 euros por persoa) destinaranse á Asociación Española Contra o Cancro.

A primeira Cata solidaria celebrarase o vindeiro xoves 30 co patrocinio e os viños de Adegas Villanueva. A segunda, correspondente ao martes 4 de agosto, estará protagonizada por Pazo Casanova e Finca Viñoa. Casal de Armán apadriñará a terceira, o xoves 6 de agosto. A Viña Costeira correspóndelle o peche, o martes 11 de agosto, xusta antes de recibir aos máis de 500 regatistas que xa están inscritos nesta edición da 52 Regata Ribeiro Rías de Galicia.

Co seu patrocinio, o Ribeiro, a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia e pioneira das españolas, retoma unha tradición marítima que se remonta a Cristóbal Colón ou ás exportacións históricas a Inglaterra, Escocia, Irlanda ou Holanda, entre outras. A lema da competición, “Novos Horizontes”, non só fai referencia ao cambio de nome da proba, senón que constitúe unha declaración de intencións: tanto o Ribeiro como a Regata atópanse en fase de expansión en base a valores como a innovación, o atrevemento e a procura da excelencia.

27 de xullo de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.