publicidade hoxe

Cerdido inaugura Recrearte 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+
Inauguración de Recrearte

Inauguración de Recrearte

Hoxe venres, 17 de xullo inaugurouse na Área Recreativa O Castro de Cerdido o programa Recrearte 2015. O ciclo de exposicións de fotografía levarase a cabo durante catro fins de semana de xullo e agosto. As exposicións estarán abertas ao público os días 18, 19, 25 e 26 de xullo e os días 1, 2, 8 e 9 de agosto de 17:00 a 20:00 horas e a entrada é gratuíta. O programa foi inaugurado hoxe polo alcalde do concello D. Benigno Galego Castro e a concelleira de Cultura e Educación Rocío Martínez Martínez.

17 de xullo de 2015 | 20:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.