publicidade hoxe

Cangas mostra interese polo modelo pontevedrés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Reunión en Pontevedra

Reunión en Pontevedra

Esta mañá mantiveron unha reunión en Pontevedra o concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, a concelleira de Mobilidade e Transporte, Lourdes Rial e o xefe da Policía Local de Cangas, Alberto Agulla co responsable de “Camiños Seguros” de Pontevedra, José Duarte e o xefe da Policía Local de Pontevedra, Daniel Macenlle.

A xuntanza foi unha primeira toma de contacto na que os responsables pontevedreses explicaron a experiencia que teñen na súa vila: como funciona, como colaboran comerciantes, anpas e centros; o sistema de voluntariado, a que colexios afectan  ou por que rúas transitan. Dende a corporación de Cangas tiñan interese por coñecer o seu modelo pola súa alta funcionabilidade, para que serva de base en Cangas un plan que está intentando implantarse no colexio de Nazaret e para que se estenda a outros colexios. Asemade, en Cangas preténdese facer unhas xornadas en setembro para animar á participación de máis colexios e que as Anpas segan traballando dende “Camiños Seguros”. 

Por outra banda, Rial e Agulla interesáronse tamén pola experiencias en materia de tráfico que en Pontevedra dan resultado, obtendo así mesmo diversos premios. En concreto, en relación coas persoas con discapacidade, xa que hai uns días, Rial e Agulla estiveron co colectivo de discapacitados de Cangas para coñecer e estudar os puntos onde hai barreiras arquitectónicas para mellorar a situación, como rúas e prazas.

30 de xullo de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.