publicidade hoxe

Cangas informa da apertura do prazo para as escolas infantís “A Galiña Azul”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

As escolas infantís de O Hío e a Choupana permanecen pechadas durante o mes de agosto, polo que solicitaron á administración local a súa colaboración para que as familias poidan presentar as súas solicitudes de praza. Así, as persoas interesadas en presentar a súa solicitude na Escola Infantil da Rede “A Galiña Azul”, poderán facelo a través do Rexistro do Concello ou nas oficinas habilitadas que serán derivadas á concellería de Ensino. As peticións recibidas serán recollidas no primeiro día hábil do mes de setembro pola Dirección da escola infantil.

A Escola Infantil da Rede “A Galiña Azul” está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. É un servizo público de atención á infancia, educativo asistencial, que ten como finalidade adaptarse ao concepto de familia actual e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.

31 de xullo de 2015 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.